Hanna “Show Permanente”

Sin Productions esta vez pra o visual. O audio é noso. Claro.
Traballa cun “Pedal-looper”. Os loops son secciós cortas das pistas (normalmente entre un e catro compases de lonxitude), que se crean pra seren repetidas. Un loop non é calquiera sample senon unha sección pequena dun son que se repite continuamente. Voz, beat box e guitarra eléctrica. Un pracer que cadrara de emprega-la miña Stratocaster. Queda así retratada pra o día de mañá. Hai que poñer en valor o empeño e traballo da súa “hermanager” Raquel. Un bico a cada unha. Outro pracer.

Os comentarios están pechados.